¡Benvid@ a CalmaTEA! 🌟
O teu asistente de confianza para seguir rutinas diarias e fomentar a túa autonomía. Deseñado especialmente para persoas con TEA e os seus coidadores, CalmaTEA é igualmente adaptable a outras condicións neurolóxicas —como Alzhéimer ou TDAH—, permitindo crear perfís e limiares personalizados.
Precisas lembrar cepillarte os dentes 🪥, hidratarte cun vaso de auga 💧 ou facer unha pausa para respirar fondo 😌?
Coas nosas alarmas sinxelas ⏰, recordatorios totalmente personalizables 📝 e pictogramas claros 🎨, cada paso da túa rutina convértese nunha experiencia doada e chea de apoio.
Porque manter hábitos regulares non só achega calma e confianza, senón que tamén potencia a túa independencia e a dos que te coidan.
¡Convirtamos cada momento nunha oportunidade para medrar xuntos! ✨
Que é o TEA?
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é unha condición neurodesenvolvemental que afecta á comunicación, ao comportamento e á forma de interpretar o mundo que ten unha persoa. Non é unha enfermidade. Non é algo que haxa que curar. É unha forma distinta de existir, de sentir e de relacionarse.
O termo “espectro” non fala dunha gradación de gravidade, senón dunha gran diversidade de perfís. Hai persoas con TEA que teñen unha alta independencia, mentres que outras poden precisar apoio nas tarefas máis cotiás. Cada persoa é única, coas súas fortalezas e os seus desafíos.
As características comúns inclúen dificultades na comunicación social e comportamentos repetitivos ou intereses moi intensos. Moitas veces, estas persoas tamén experimentan hipersensibilidade ou hiposensibilidade ao son, á luz, ao tacto ou ás texturas. Esta sensibilidade pode provocar ansiedade, saturación ou, en ocasións, bloqueos ante cambios imprevistos ou ambientes ruidosos.
A rutina é, para moitas persoas con TEA, unha ferramenta de estabilidade. Saber que vai pasar, cando e como, proporciona seguridade e tranquilidade. É aquí onde ferramentas como CalmaTEA cobran todo o seu sentido: acompañar, sinalar, apoiar... sen xulgar, sen forzar.
En CalmaTEA cremos nun apoio tecnolóxico que sexa amable, visual, adaptado. Non se trata de “corrixir” nin de “ensinar a ser normal”. Trátase de axudar a cada persoa a vivir de forma máis autónoma, máis tranquila e con máis control sobre a súa propia rutina.
Cada alarma, cada pictograma, cada validación visual é unha ponte. Un xeito de dicir: “Aquí estou para ti, para lembrarche, para acompañarte, sen présas e sen ruído”. Porque todos merecemos vivir o día cun pouco máis de calma.