App CalmaTEA

Introdución

CalmaTEA é unha aplicación deseñada para axudar ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), aos seus titores e administradores. A aplicación facilita a xestión de alarmas personalizadas, permite a configuración de pictogramas e sons e ofrece funcións para xestionar usuarios, alarmas e relacións entre pacientes e titores.

Mostra de funcionamento da app móbil

Estrutura da aplicación

Funcionalidades

Benvida

Pantalla inicial da aplicación.

Benvida

Selección de Rol

Os usuarios seleccionan o seu rol (Administrador, Titor ou Paciente). Dependendo do rol escollido, a aplicación redirixe á pantalla de inicio de sesión correspondente.(Cómpre sinalar que a opción de Administrador non estará funcional na aplicación do usuario)..

Selección de rol

Inicio de Sesión

Autenticación para entrar na app.

Login

Panel do Administrador

Os administradores poden xestionar pacientes, titores e as relacións entre eles. As opcións dispoñibles inclúen:

Admin menu

Alarmas do Paciente

Os usuarios pacientes poden ver as súas alarmas programadas. As alarmas xestiónanse mediante notificacións push.

Patient Alarms

Notificación ao Paciente

Pantalla de acción cando salta a alarma.

Notificación Paciente

Menú do Titor

Os titores poden acceder a funcións como aconfiguración de alarmas, a visualización de estatísticas de pacientes e a personalización de alarmas.

Tutor menu

Configuración de Alarmas

Permite aos titores ver e xestionar as alarmas dos pacientes, así como editalas ou eliminalas

Alarm Config

Engadir Alarma

Os titores poden engadir novas alarmas aos pacientes. Esta pantalla permítelles seleccionar a acción (por exemplo, ”Beber algo”), definir a prioridade da alarma e definir a data usando o selector de calendario e hora para determinar cando debe soar. Ademais, pódese seleccionar un paciente entre os asociados co titor.

Add Alarm

Estatísticas

Os titores poden ver estatísticas sobre as alarmas dos pacientes, visualizar gráficos e porcentaxes de validación de accións..

Estadísticas 1 Estadísticas 2 Estadísticas 3 Estadísticas 4

Personalización

Os titores poden personalizar as alarmas modificando pictogramas, sons e prioridade de acción.

Personalización

Pictogramas

Esta pantalla permite aos usuarios personalizar os pictogramas asociados ás alarmas. Os usuarios poden escoller entre pictogramas predeterminados ou cargar imaxes personalizadas para cada acción relacionada coa alarma.

Pictogramas

Personalización de Son

Os usuarios poden personalizar o son da alarma subindo ficheiros de son en formato MP3, WAV ou OGG. Os sons gárdanse para cada paciente seleccionado.

Música

Prioridade das Accións

Esta pantalla permíte xestionar as prioridades das accións relacionadas coas alarmas dos pacientes. Os ti tores poden asignar prioridades (alta, media ou baixa) ás accións e axustar estas prioridades mediante os botóns de incremento e decremento.

Prioridades

Modificar Contas

Permite editar nome de usuario ou contrasinal do tutor e dos pacentes asignado.

Modificar Contas

Notificación ao Titor

Alerta personalizada cando o paciente apraza accións de prioridades altas.

Notificación Titor