App Wear OS CalmaTEA
Introdución
CalmaTEA é unha aplicación deseñada para persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e os seus titores. Esta versión para Wear OS é reducida, orientada a pacientes, permitindo recibir alarmas programadas e lanzar notificacións visuais e sonoras dun modo sinxelo dende o reloxo.
A aplicación sincroniza alarmas desde un servidor remoto e mostra unha pantalla adaptada coa acción correspondente.
Estrutura da aplicación
- AndroidManifest: permisos como notificacións, almacenamento e alarmas.
- AlarmReceiver: xestiona o son e abre a pantalla de alarma.
- AlarmAlertActivity: mostra a acción cando salta a alarma.
- AlarmSyncHelper: sincroniza alarmas co servidor.
- ApiClient: realiza conexións HTTP co backend.
- PermissionHelper: solicita permisos críticos.
Pantallas da App
- LoginScreen: pantalla de inicio de sesión.
- HomeScreen: menú principal con opcións básicas.
- AlarmScreen: lista de alarmas personalizadas.
- AlarmDetailScreen: mostra unha imaxe relacionada coa acción da alarma.
- AlarmAlertActivity: pantalla especial cando salta unha alarma, mesmo co reloxo bloqueado.
Funcionalidades principais
- Recepción de alarmas visuais e sonoras programadas.
- Sincronización automática co servidor remoto.
- Funciona con ou sen a app aberta no reloxo.
- Amosa unha imaxe adaptada para facilitar a acción ao usuario.
- Activación de son e pantalla mesmo en segundo plano ou dispositivo bloqueado.